DESCUBRE
Coñece como cambiaron os gráficos, o son, os soportes e as formas de xogar.
Unha viaxe pola historia do videoxogo para descubrir, xogar e entender a tecnoloxía que marcou xeracións.

Bit a Bit propón achegar a evolución dos videoxogos dun xeito directo: vendo as máquinas, entendendo os cambios tecnolóxicos e, sobre todo, xogando.
Coñece como cambiaron os gráficos, o son, os soportes e as formas de xogar.
Consolas e xogos reais para comprender a historia coa mellor ferramenta posible: as mans.
Un punto de encontro entre xeracións, pensado para centros educativos e familias.
Actividades didácticas arredor da historia e a tecnoloxía dos videoxogos, adaptadas a diferentes públicos.
Sesións para achegar ao alumnado a evolución tecnolóxica do videoxogo desde unha perspectiva práctica.
Un espazo no que persoas adultas e menores poden descubrir —ou revivir— xogos que marcaron unha época.
Máquinas, mandos e títulos clásicos para comprobar en primeira persoa como evolucionou a experiencia de xogo.
A exposición percorre fitos da historia do videoxogo e conecta hardware, deseño, cultura popular e experiencia de xogo.
A consolidación das consolas domésticas e dunha linguaxe visual que segue viva.
Polígonos, CD-ROM, novas cámaras e unha transformación técnica e creativa.
O 3D madura e cambia a exploración, o control e a maneira de construír mundos.
A terceira edición de Bit a Bit céntrase nun dos grandes saltos da historia do videoxogo: a transición entre as xeracións de 32 e 64 bits.
Espazo Anexo MARCO · Rúa do Príncipe 54 · Vigo · detrás do museo.
Inscrición previa.
Sesións abertas a familias.
O sábado haberá sesión familiar pola mañá e non haberá sesión de tarde.
Fichas, manuais e materiais didácticos para seguir descubrindo a historia do videoxogo.
EXPLORAR RECURSOS ↗Para participar nas actividades é necesaria inscrición previa. Escríbenos e indicarémosche como reservar.
CENTROS EDUCATIVOS E FAMILIAS